jueves

"50 lugares máxicos de Galicia", nas librerías

 


É un desexo cumprido. Desde que se publicou en 2011, moita xente preguntoume cando sairía a versión en galego. Pois xa está nas librerías. Trátase dunha versión ampliada e actualizada, con máis información e máis páxinas.

Espero que vos guste.

Un saúdo!

Índice:

Introducción: Unha terra máxica

1: Santa María do Cebreiro
O Graal do Camiño de Santiago

2: Santa Trahamunda de Poio
De Córdoba a Pontevedra nun ‘Amén’

3: A Virxe do Cristal
Posiblemente, a aparición máis pequena do mundo

4: A Franqueira
Milagre entre mouros e cristiáns

5: San Ero de Armenteira
O soño de trescentos anos

6: Fisterra
O Cristo que chegou do mar

7: San Brais de Aguete - Marín
Croques para a dor de cabeza 

8: Serra de Outes
San Campio contra o meigallo

9: San Cibrán de Tomeza
Pedras contra o mal de ollo

10: O sartego de Orcavella
Fertilidade no fin do mundo

11: O miliario de Guizán
Un poste romano para procrear 

12: Arcos-Ponteareas
O oráculo dos namorados

13: As campanas da Espenuca
E outras igrexas fecundadoras

14: Divino Salvador de Saiáns
Oliveiras para curar males da alma

15: A barca de pedra de Muxía
Un oráculo xunto ao mar

16: San Alberto de Ribeira
As tellas din se te vas namorar

17: San Bieito de Cova do Lobo
Tres marías contra o tangaraño

18: O sartego de Trasmonte
A antiga tumba que cura

19: Monte Aloia - Tui
A máxica cama de San Xulián 

20: San Xulián de Luaña
A procesión trae a chuvia

21: Bautismo na ponte románica
Benditos antes de nacer

22: O carballo de Luxís
E a máxica fonte de San Xulián

23: A Lanzada
As nove ondas bendín o teu ventre

24: Nosa Señora de Augasantas
A fonte que devolve a vista

25: A Xestosa
A milagrosa tumba sen nome

26: Limia
O río do esquecemento

27: A Madalena de O Son
A auga que cura as feridas

28: Santa Mariña das Augas Santas
As tres fontes milagrosas

29: Milagros de Amil
A fonte e a imaxe 

30: A Escravitude
Onde sandou o peregrino

31: Santa Eulalia de Bóveda
O templo das ninfas 

32: Coiro-Cangas do Morrazo
A praia dos aquelarres

33: Quintana dos Mortos de Noia
O encriptado cemiterio templario

34: Fisterra - Duio
A cidade perdida do fin do mundo

35: Mogor - Marín
O labirinto astronómico

36: O Pasatempo de Betanzos
O parque masónico 

37: Portalén
A entrada ao mundo dos mortos

38: Dolmen de Axeitos
O túmulo dos xigantes 

39: Boqueixón - Pico Sacro
O máxico monte da serpe

40: Santa María de Iria Flavia
O corpo do bispo santo

41: Padrón
O Pedrón donde amarrou a barca

42: Santiaguiño do Monte
Onde o santo predicou aos pagáns

43: Catedral de Santiago
Templo de coñecementos ocultos

44: Catedral de Santiago (II)
Os ritos do peregrino

45: San Domingos de Bonaval
Xustiza para o inocente 

46: San Francisco de Asís en Santiago
O tesouro agochado do carboeiro

47: Santo André de Teixido
Onde peregrinan os mortos e os vivos

48: Santa Marta de Ribarteme
A procesión dos cadaleitos 

49: Lalín - O Corpiño
A virxe dos endemoñados

50: A Coca de Redondela
A procesión do dragón vencido

CIDADES MÁXICAS

Pontevedra masónica
Símbolos e arquitectura esotérica

Vigo
A cidade da oliveira templaria

A Coruña
A urbe fundada por un heroe

Ourense
A cidade das misteriosas burgas

Lugo
A milagre de San Froilán

Ferrol
Unha cidade de lenda 

Bibliografía

Agradecementos

Donde conseguilo:

https://www.amazon.es/dp/8412117107?ref=myi_title_dp


No hay comentarios:

Publicar un comentario